"Fue entonces cuando percibió el equilibrio profundo de todo lo que existe, lo efímero de su forma y lo eterno de la materia que la componía. Supo que sería eterna. Había sido eterna. Sin principio, y sin fin."

La leyenda de Caramiña. Parte primera: El equilibrio

Antón Henríquez


















Adán (Praia)

Acrílico sobre lenzo, 2024. 140x180cm


Unha persoa deliberadamente visível, desafiando a claridade coa que a miúdo se demanda definir a identidade e a beleza.


Unha declaración sobre a liberdade de existir máis aló das convencións e estereotipos, celebrando a singularidade de cada individuo. A ambigüidade visual da pintura invita a cuestionar e redefinir as súas percepcións da beleza, do xénero e da autoexpresión.

Get on your knees and confess yourself

Cojín y altavoz. 2024



O que non queres ver 

2023 / 1080p (HD):1920x1080)


Video no disponible online. Censurado en todas las redes sociales. 


Video realizado a partir da proposta de A COLECTIVA (Asociación Profesional de Artistas de Galicia) para a CULTURGAL 2023 no que o punto de partida é: “Tensión-presente”. Para facer esto, Kike entrelaza catro videos nos que imaxes e sons están misturados, ás veces sen saber ben se o audio que estamos a escoitar corresponde coa imaxe que estamos a ver. E unha invitación a reflexionar sobre como os lugares comúns vívense de maneiras tan diversas. Os ollos das espectadoras quedan velados e as imaxes, apenas perceptibles só se amosan a través dunha estreita ranura, semellante á realidade que percibimos cando os nosos ollos están velados polas redes sociais e a obsesión de tornarnos virais.


Troya

Proxecto, arte público.


"Troya" pretende ser unha audaz intervención no espazo público. 

En prazas de cidades invadidas por turistas, desvélase a silueta dun cabalo, casi invisible de día e presente de noite mediante a iluminación LED. Esta obra convértese nunha reflexión visual sobre o turismo masificado, que disvritua a esencia dos lugares/cidades destruindo o sistema social. 


"Troya" invita a reflexionar sobre o verdadeiro impacto do turismo. 


Mais sobre o proxecto pulsando aquí.


Forza brutal


Obras para celebran o espíritu da xenerosidade, retratando a forza e o esforzo, tanto individual como colectivo, necesario para levar a cabo actos extraordinarios. Estas obras exploran o valor do silencio, a elegancia do pasar inobservado e a sutil beleza que emana das accións desinteresadas.


Mais obras desta serie.



Estígia 

Técnica mixta sobre madeira. 122x182cm, 2022.


A Lagoa Estigia, no mito grego, é a fronteira que separa os vivos dos mortos.


Emprego este mito para reflictir sobre a nosa era. 'Ceo' e 'Inferno' emerxen non a través da pintura, senón "arañados" na superficie, un xesto de desesperación. É unha meditación sobre a condición humana, a incerteza do alén e as resonancias coas crises actuais de éxodo e migracións forzadas, as fronteiras que atravesamos e os infernos persoais e colectivos aos que nos enfrontamos.


Mais sobre esta obra.

Building parallel cities to heal my soul

Fotografía e composición dixital, 2014.

Finalista no Premio internacional de arte "Ito Yakuchu" organizado por Designboom durante a Tokyo Design Week.


Cando cheguei a vivir en Muxía, unha cidade marcada polo desastre do Prestige, atopeime cun lugar onde a memoria colectiva estaba impregnada polo desastre ecolóxico. Foi entón cando naceu a idea de 'Building parallel cities to cure my soul', un proxecto que busca crear e habitar unha cidade paralela libre dos recordos e saturada pola beleza. Inspirándome nas pinturas de Ito Yakuchu, creei dixitalmente e enchín unha "cidade paralela" con imaxes que evocan unha beleza que transcenden o trauma. É unha invitación a mirar máis alá da vila, e mais alá do desastre, a recoñecer que, a pesar do pasado, podemos construír espazos de beleza e esperanza nas nosas mentes e nas nosas comunidades.

Anunciación bondage, vol I

Acrílico sobre madeira, 104x125cm, 2013.

Finalista no XXX Certame de Pintura de Cambre (A Coruña, España).


M.P. 

Acrílico sobre madeira, 184x220cm, 1996

I Salón de Outono cidade da Coruña (España). Organizado pola Real Academia de Belas Artes de Galicia. 

Finalista.