Estigia 


Técnica mixta sobre madeira. 122x182cm, 2022.


A Lagoa Estigia, é a fronteira que separa os vivos dos mortos e o lugar de tránsito, onde as almas dos non sepultados vagan sen rumbo baixo a guía de Caronte, o barqueiro do inframundo.

Inspirándome na obra de J. Patinir, abordo o mito non só como unha narrativa de tempos antigos senón como un espello da nosa era, reflectindo sobre as crises contemporáneas: éxodos, migracións forzadas, e as fronteiras, tanto físicas como metafóricas, que nos atopamos obrigados a atravesar.

Na creación de "Estigia", fixen un esforzo consciente por respectar as medidas da obra orixinal de Patinir, aumentando a sua escala. Inspirándome na técnica de Patinir, a miña obra tamén se desprega sobre dúas táboas "unidas", unindo así simbolicamente o "inferno" e o "celo".

Longe de limitarme á aplicación tradicional da pintura, optei por "arañar" a superficie das táboas, para dibuxar a paisaxe. Este xesto, simboliza a loita, a perda, e a esperanza, os infernos persoais e colectivos que enfrentamos.

"Estigia" é, pois, máis que unha representación mitolóxica; unha reflexión sobre a condición humana, unha ponte entre o pasado mítico e os desafíos actuais da nosa sociedade. A través desta obra, busco provocar unha reflexión sobre as fronteiras que nos definen, os tránsitos que nos transforman, e os infernos, tanto interiores como exteriores, que, de algún xeito, todos debemos afrontar.

Imaxe completa

Sobreposición coa pintura de Patinir

Orixinal de Patinir

Detalle da madeira arañada