"NOUS NE SOMMES TOUS QUE PASSAGERS SUR CETTE TERRE"














Adán (Praia)

Acrílico sobre lenzo, 2024. 140x180cm


Unha persoa deliberadamente vaga e apenas visível, desafiando a claridade coa que a miúdo se demanda definir a identidade e a beleza.


Unha declaración sobre a liberdade de existir máis aló das convencións e estereotipos, celebrando a singularidade de cada individuo. A ambigüidade visual da pintura invita a cuestionar e redefinir as súas percepcións da beleza, do xénero e da autoexpresión.

O que non queres ver 

2023 / 1080p (HD):1920x1080)


Video realizado a partir da proposta de A COLECTIVA (Asociación Profesional de Artistas de Galicia) para a CULTURGAL 2023 no que o punto de partida é: “Tensión-presente”.


Para facer esto, Kike entrelaza catro videos nos que imaxes e sons están misturados, ás veces sen saber ben se o audio que estamos a escoitar corresponde coa imaxe que estamos a ver. E unha invitación a reflexionar sobre como os lugares comúns vívense de maneiras tan diversas. Os ollos das espectadoras quedan velados e as imaxes, apenas perceptibles só se amosan a través dunha estreita ranura, semellante á realidade que percibimos cando os nosos ollos están velados polas redes sociais e a obsesión de tornarnos virais.


Troya

Proxecto, arte público.


"Troya" pretende ser unha audaz intervención no espazo público. 

En prazas de cidades invadidas por turistas, desvélase a silueta dun cabalo, casi invisible de día e misteriosamente presente de noite mediante a iluminación LED. Esta obra convértese nunha reflexión visual sobre o turismo masificado, que, buscando enriquecemento e intercambio, pode desvirtuar a esencia das nosas cidades. 


"Troya" invita a reflexionar sobre o verdadeiro impacto do turismo.


Mais sobre o proxecto pulsando aquí.


Forza brutal


Obras para celebran o espíritu da xenerosidade, retratando a forza e o esforzo, tanto individual como colectivo, necesario para levar a cabo actos extraordinarios. Estas obras exploran o valor do silencio, a elegancia do pasar inobservado e a sutil beleza que emana das accións desinteresadas.


Mais obras desta serie.



Estígia 

Técnica mixta sobre madeira. 122x182cm, 2022.


A Lagoa Estigia, no mito grego, é a fronteira que separa os vivos dos mortos.


Emprego este mito para reflictir sobre a nosa era. 'Ceo' e 'Inferno' emerxen non a través da pintura, senón "arañados" na superficie, un xesto de desesperación. É unha meditación sobre a condición humana, a incerteza do alén e as resonancias coas crises actuais de éxodo e migracións forzadas, as fronteiras que atravesamos e os infernos persoais e colectivos aos que nos enfrontamos.


Mais sobre esta obra.

Uccelli 

Tecnica mixta sobre lienzo, 2019

En italiano, 'ucello', significa literalmente 'paxaro', tamén se usa de maneira coloquial para referirse ao pene. Neste contexto, reflexiono sobre as historias detrás das relacións sexuais que tiven ao mesmo tempo que trazo un paralelismo entre a naturalidade destes encontros e a espontaneidade do voo.




Building parallel cities to heal my soul

Fotografía e composición dixital, 2014.

Finalista no Premio internacional de arte "Ito Yakuchu" organizado por Designboom durante a Tokyo Design Week.


Cando cheguei a vivir en Muxía, unha cidade marcada polo desastre do Prestige, atopeime cun lugar onde a memoria colectiva estaba impregnada polo desastre ecolóxico. Foi entón cando naceu a idea de 'Building parallel cities to cure my soul', un proxecto que busca crear e habitar unha cidade paralela libre dos recordos e saturada pola beleza. Inspirándome nas pinturas de Ito Yakuchu, enchí a cidade paralela con imaxes que evocan unha beleza que transcenden o trauma. É unha invitación a mirar máis alá do desastre, a recoñecer que, a pesar do pasado, podemos construír espazos de beleza e esperanza nas nosas mentes e nas nosas comunidades. 

'Building parallel cities to cure my soul' non é só un proxecto artístico; é unha declaración de resiliencia e un recordatorio de que, mesmo nos momentos máis escuros, a arte ten o poder de rexenerar e iluminar as nosas almas.




Anunciación bondage, vol I

Acrílico sobre madeira, 104x125cm, 2013.

Finalista no XXX Certame de Pintura de Cambre (A Coruña, España).


Still life, still alive (Bodegón) 

Acrílico sobre madeira, 150x100cm, 2012.


M.P. 

Acrílico sobre madeira, 184x220cm, 1996

I Salón de Outono cidade da Coruña (España). Organizado pola Real Academia de Belas Artes de Galicia. 

Finalista.