Papeles de empapelar paredes 


Dispoñibles gratuitamente


Por favor, envíe un correo electrónico explicando onde será utilizado e depois de avaliación o "rapport" (motivo de repetición), do papel de empapelar será enviado en formato dixital preparado para impresión.



A Sagrada Concepción 


Este deseño explora a intrincada relación entre consumismo, comercialización e 'merchandising' no contexto da relixión. Os deseños representan unha personal Sagrada Concepción do Consumismo, ofrecendo unha crítica visual á intersección do sagrado e o profano na nosa sociedade actual e á maneira en que se mercantiliza o espiritual.


Gun control


No ano 2014, iniciei unha serie de deseños para papeis pintados que abordan o tema da violencia e das armas. Este papel pintado, confeccionado con intención crítica, foi deseñado coa proposta de decorar a Sala Oval da Casa Branca (Estados Unidos da América), constituíndo unha protesta directa contra a permisividade na política de armas dese país. A obra pretende provocar reflexión e diálogo sobre a controvertida relación entre poder e violencia armada na sociedade actual.