Forza brutal 

Serie.


Esta serie de obras nace coa intención de celebrar o espíritu altruísta, retratando non só a forza e o esforzo requiridos para realizar actos de gran calado tanto a nivel individual como colectivo, senón tamén a nobreza que se esconde detrás deles. Cada cadro é unha homenaxe ás accións desinteresadas e ao impacto silencioso que poden ter na sociedade.

Ao mergullarse nos detalles, o espectador descubre a valorización do silencio, a dignidade do anonimato e a beleza sutil que emana das accións feitas sen esperar nada a cambio. Coa pincelada e a composición, busco capturar ese momento efémero no que a bondade pura se manifesta, deixando unha impresión duradeira que inspira e conmove.

A través destas obras, invito ao público a unha reflexión máis profunda sobre os valores que, a miúdo, pasan desapercibidos nun mundo ruidoso e rápido, e a recoñecer a importancia e a beleza dos xestos xenerosos que tecen a trama da nosa humanidade común.


Serie comenzada no 2022 e aínda en curso.

Acrílico sobre madeira. Obras sin título. Varias dimensiones.